A Caniceira, canteira de actores vocacionales en Trives

O auditorio Julio Vázquez de Trives colgou o cartel de cheo na estrea da obra da asociación cultural A Caniceira, onde 23 actores representaron 11 divertidas esceas durante unha hora

Os nervios notábanse nos aficionados actores triveses ao ver que as agullas do reloxo se achegaban á hora marcada para o comezo da función. Como formigas en rengleira, os veciños ían entrando no auditorio de Trives, Julio Vázquez en busca dunha butaca libre. 

O auditorio quedouse pequeno na representación da peza teatral “Criaturiñas de Deus” na tarde do domingo, demostrando que o teatro é auténtico protagonista na vila trivesa, onde conta con gran afición.

O grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira presentaba o seu novo espectáculo, de Tomás Afán Muñoz, representación na que participaron tamén os rapaces do obradoiro de teatro da anpa O Recreo, do CEIP Manuel Bermúdez Couso. Os actores mostraban así a obra preparada neste curso durante os seus ensaios semanais baixo a dirección de Ana García Earley, membro da asociación.

Polo escenario trivés pasaron 23 ilusionados actores, todos veciños da comarca trivesa, arrancando coa súa interpretación por parellas, as risotadas e aplausos das máis de 200 persoas que se achegaban a velos.

Foron 11 esceas curtas que dalgún xeito estaban enfiadas entre elas e postas na boca e xestos de inxenuos cativos que enchían o escenario de colorido. Nas súas personaxes enfrontaban varios temas tabú da vida cotiá como a morte, a relixión ou o sexo desde o subrealismo e o humor, conseguindo que o público pasara a hora que durou a representación rindo sen parar. 

A súa directora, quen tamén tiña un papel na obra, manifestaba o gran agradecemento a todos os que se achegaron a disfrutar desta tarde con eles e o contentos que saíron tralos nervios do estreno.

Te puede interesar