Chandrexa de Queixa organiza a Festa de Nadal para os nenos

Panorámica de las vistas desde el nuevo mirador de San Fiz en Chandrexa de Queixa.
photo_camera Panorámica de las vistas desde el nuevo mirador de San Fiz en Chandrexa de Queixa.
O pavillón de Celeiros acollerá o día 23 de decembro unha festa de Nadal para os máis cativos

O Nadal achégase e os cativos de Chandrexa de Queixa disfrutarán da súa particular festa.

A tarde do 23 de decembro a cita está no pavillón multiusos de Celeiros, onde desde as 17,00 horas e ata as 20,00 horas contarán con diversos talleres.

Esta actividade está pensada para todos os públicos, aínda que os nenos sexan os auténticos protagonistas. 

Organizada polo Concello de Chandrexa e en colaboración coa residencia de maiores do concello, a chocolatada navideña reunirá a novos e maiores comparindo o espíritu do Nadal. Desde a organización animan aos asistentes a levar gorro, gafas ou calquera disfraz ou motivo navideño que anime a festa.

Os máis pequenos gozarán nos distintos obradoiros que terán esa tarde no multiusos. O pintacaras pode ser o máis atractivo para a rapazada, pero non faltarán as colchonetas hinchables.

Engaden que durante a merenda e os diversos talleres tamén haberá música para quen queira bailar.

Con algunha actividade aínda máis por concretar, desde o Concello de Chandrexa de Queixa engaden que na tarde do 5 de xaneiro, as 17,00 horas festexaran a tarde de Reis. A cabalgata partirá desde a residencia da terceira idade ata o pavillón multiusos, onde os pequenos gozarán dunha merenda.

Te puede interesar