A análise do ADN do virus nas Edar, detector “efectivo” de gromos covid

A análise do material xenético de SARS-CoV-2 (novo coronavirus) en augas residuais confírmase como un método sensible e práctico para a detección de novos gromos de covid. Así o reflicten as conclusións dos  investigadores de CSIC, UVigo e Geseco Aguas S.A. tras recabar datos desde pouco antes de inciarse a pandemia nunha ducia de depuradoras. Fixéronas públicas nun artgido publicado en Science of the total Enviroment. 

“Os resultados confirmaron a capacidade da vixilancia de augas residuais para seguir a evolución da pandemia en Galicia, a través da monitoraxe de augas residuais SARS-CoV-2 dunha serie de municipios representativos. Ademais, e a diferenza doutras investigacións, o noso estudo tamén pretendía explorar a detección do virus no medio mariño e a capacidade de eliminación do virus nas estacións depuradoras, pois Galicia é coñecida polas súas actividades de pesca, marisqueo e acuicultura”, explicou Claudio Cameselle, investigador do grupo de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental da UVigo. Neste sentido, os datos confirmaron a capacidade dos reactores biolóxicos e o sistema de desinfección en EDAR para eliminar o virus. 

Te puede interesar