A peregrinaxe da UVigo xa chegou a Compostela

Os integrantes da peregrinación da UVigo, en Compostela.
photo_camera Os integrantes da peregrinación da UVigo, en Compostela.

As 46 persoas que participaron no Camiño Portugués pola Costa desde Vigo chegaron o pasado martes a Santiago de Compostela e recolleron a súa Compostela. Con esta iniciativa, a institución académica uniuse á conmemoración neste 2022 do Ano Xacobeo. As rutas culturais organizadas neste segundo cuadrimestre pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Uvigo estiveron centradas na realización de tramos de cinco dos Camiños a Santiago de Compostela. Como colofón a esa programación, do 14 ao 17 de maio decidiron percorrer o Camiño Portugués pola Costa desde Vigo e ata Santiago de Compostela.

José García-Calvo, Willy, coordinador destas rutas desde o Campus de Ourense, salienta da actividade realizada que “todo resultou magnífico”, non habendo ningunha incidencia. Das e dos camiñantes destaca que conformaron “un grupo moi homoxéneo” que respondeu “espectacularmente”. “A xente tivo a moral moi alta en todo momento da nosa ruta, algo que é de agradecer”, comenta García-Calvo. 

Te puede interesar