Universidade

A UVigo aforra trámites cos certificados dixitais

Exemplo dos certificados covid, dispoñibles na secretaría virtual da UVigo.
photo_camera Exemplo dos certificados covid, dispoñibles na secretaría virtual da UVigo.

A UVigo emitiu máis de 3500 certificados e 22.000 xustificantes dixitais no último ano. "Neste momento temos para o PDI cinco certificados con selo da Universidade que recollen os datos automaticamente, traballo que antes tiñan que facer os servizos buscando en varias bases de datos e pasar a sinatura do secretario xeral ou do vicerreitor correspondente. Todo isto supón unha redución dos trámites importantes, dado que estamos buscando mellorar o funcionamento interno eliminando burocracia", explica José Luis Míguez, vicerreitor de Planificación e Sostibilildade da UVigo. 

Esta mesma semana activáronse, ademais, dúas novas solicitudes, as correspondentes aos certificados de participación en proxectos e TFG/TFM/PCF para o PDI. "O gran problema é que en ocasións se pretende buscar unha documentación que non fora gravada e que, polo tanto, non se atopa nas bases de datos", explica Miguez en relación con posibles futuras activacións de novos certificados. Con todo, a valoración da sede electrónica é "moi positiva". 

Te puede interesar