UNIVERSITAS

400 anos non son nada cando falamos de Cervantes

20160426134555000_result
photo_camera Montero Reguera está á fronte da exposición sobre Cervantes.

A biblioteca da FFT acolle unha exposición sobre o escritor no cuarto centenario do seu falecemento

Un 22 de abril de 1616 falecía en Madrid o maior expoñente universal da literatura en castelán, Miguel de Cervantes. Catro séculos despois, a figura do escritor continúa vixente e os actos realizados para conmemorar a efeméride sucédense.

A Universidade de Vigo fai a súa particular homenaxe ao Príncipe dos Enxeños cunha exposición na biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución (FTT), composta por documentos propios da institución e organizada polo catedrático de Literatura Española e estudoso cervantista José Montero Reguera en colaboración co persoal da biblioteca. “É unha mostra pequena pero bastante representativa dos fondos de arquivo que posúe a Universidade sobre a obra de Cervantes e sobre diferentes aspectos da súa persoa”, sinala o catedrático sobre a exposición, que estará aberta durante todo o mes de abril.

A mostra pretende achegar a figura do autor alcalaíno “principalmente ao alumnado, aínda que está aberta a todos os que queiran contemplar un fondo cervantino bastante importante”, explica Montero. O filólogo destaca a gran riqueza documental da Universidade, xa que “cando revisamos o catálogo bibliográfico comprobamos que o número de textos relacionados con Cervantes superaban o millar”.

Con esta variedade de recursos, os asistentes farán un percorrido pola vida e obra de Cervantes a través de documentos biográficos, literarios e un facsímil que recopila autógrafos realizados polo literato.

Te puede interesar
Más en Universitas