Universitas

Avanzado servizo de Fisioterapia e Medicina nos tres campus

Universitas

UNIVERSITAS

Avanzado servizo de Fisioterapia e Medicina nos tres campus

Os tres campus contan cos servizos de Fisioterapia e Medicina Deportiva.
photo_cameraOs tres campus contan cos servizos de Fisioterapia e Medicina Deportiva.

Os horarios e reservas de citas poden consultarse en www.deportes.uvigo.es

Os tres campus da Universidade de Vigo, dende o seus respectivos servizos de deportes, contan dende o ano 2006 no Campus de Vigo e posteriormente nos de Ourense e Pontevedra, con diferentes Unidades de Medicina Deportiva e Fisioterapia. Estos servizos son revisión médico-deportiva básica, revisión médico-deportiva avanzada, consulta puntual, consulta dietética e consulta de fisioterapia. Unha das novidades que se estreou o curso pasado no Campus de Ourense é o novo equipo de Presoterapia para drenaxe linfático para o que se pode solicitar a cita na web do Servizo de Deportes.

Os horarios e reservas de citas pódense consultar en www.deportes.uvigo.es ou acudir aos respectivos servizos de deportes de cada campus.

No tocante as sesións de Fisioterapia, os usuarios poden solicitar sesións ou bonos, con prezos diferentes segundo conten ou non con tarxetas deportivas.A Unidade de Fisioterapia está dirixida por unha persoa diplomada en fisioterapia e ten como obxectivo a recuperación funcional das persoas que así o precisen para que se poidan reincorporar de novo á súa vida cotiá e deportiva.

Por outra banda, no tocante á Medicina Deportiva, os usuarios poden facer consultas dietéticas ou, como novidade, consulta informativa e deste xeito resolver as posibles dúbidas relacionadas co exercicio físico e a saúde, orientar á persoa usuaria cara a práctica das actividades deportivas máis recomendadas para o seu estado de saúde e condición física, etc.