UNIVERSITAS

Carlos Casares en plano secuencia, na presentación de ‘Vento Ferido’

_g1-1-_result
photo_camera O equipo responsable de 'Vento Ferido", nun momento do acto de presentación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Inspirada no primeiro libro deste escritor, esta mini serie foi gravada polo alumnado no marco dun taller en Celanova

Unha miniserie de tres capítulos que conxuntamente conforman unha mediametraxe de 32 minutos, que toma o nome e a inspiración do primeiro libro de Carlos Casares. Iso é Vento Ferido, o resultado do traballo realizado por un grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no marco do taller "Celanova, plató de ficción". O resultado dun “proxecto feito con moita ilusión e do que estamos todos moi orgullosos, e no que decidimos arriscar buscando un estilo un pouco diferente e unha estética concreta, a do plano secuencia”, como sinalou o seu director Miguel Grandío, na presentación hai uns días do resultado final deste traballo na facultade na que comezou a xestarse meses atrás.

Nacido na sexta edición dun taller dirixido polo profesor Paulino Pérez e que se enmarca no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), Vento Ferido foi presentado “non como unha adaptación” do libro de relatos de Casares, senón como unha peza inspirada na súa obra, “á que tentamos sacarlle a esencia con moito respecto”, para plasmala nunha mediametraxe na que se avogou por “unha narrativa algo máis lenta, a través de planos secuencia que achegan forza a historia”, como sinalou Grandío. Pero tamén como o “resultado do traballo dun equipo de 25 persoas, que comezou alá polo mes de abril”, como engadiu a súa xefa de produción, Sara Varela.
 

Te puede interesar
Más en Universitas