Comezan os horarios especiais de apertura das bibliotecas

A Biblioteca Universitaria iniciou esta fin de semana unha nova campaña de aperturas especiais de bibliotecas de cara a facilitarlle ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre

A Biblioteca Universitaria iniciou esta fin de semana unha nova campaña de aperturas especiais de bibliotecas de cara a facilitarlle ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre. O novo horario manterase ata o vindeiro 15 de xaneiro e inclúe aperturas de fin de semana e aperturas nocturnas.

No que respecta ás aperturas de fin de semana, sábados e domingos, as bibliotecas de Torrecedeira e as centrais dos campus de Pontevedra e Ourense, abrirán todas as fins de semana de xeito ininterrompido das oito da mañá ás dez da noite e, neste mesmo horario, abrirase tamén os festivos do 8 de decembro e do 6 de xaneiro. No caso da Biblioteca central de Vigo, no campus, o horario de apertura retrásase ata as 09.00 horas.

As bibliotecas centrais do campus de Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira acolleranse tamén, como ven sendo habitual, ao horario nocturno, que supón a apertura dos centros ata as tres da madrugada, de luns a venres, agás festivos, do 9 ao 19 de decembro e do 7 ao 15 de xaneiro.

Te puede interesar
Más en Universitas