UNIVERSITAS

En defensa das Humanidades, das Artes e do ensino público

Decanos e decanas de todas as facultades galegas de Humanidades e Artes déronse cita  en Santiago de Compostela para ler

Decanos e decanas de todas as facultades galegas de Humanidades e Artes déronse cita este mércores en Santiago de Compostela para ler, ao mesmo tempo que no resto do estado, unha declaración en defensa do ensino público en xeral e desta área en particular. Este manifesto é froito da XXIII Conferencia de Decanatos de Letras, celebrada o pasado 20 e 21 de marzo, onde os responsables dos centros de todo o estado decidiron por unanimidade plasmar nun documento chamado Declaración de Salamanca a súa “inquedanza polo deterioro das universidades públicas na docencia, a investigación e a xestión e o noso firme compromiso de loitar por defender o papel que o ensino das Humanidades ten na sociedade e no momento actual”. A lectura no Colexio San Xerome da Universidade de Santiago de Compostela desta Declaración de Salamanca contou coa participación por parte da Universidade de Vigo das decanas das facultades de Historia, Susana Reboredo; de Belas Artes, Silvia García, e de Filoloxía e Tradución, Rosa Pérez, sendo esta última a encarga de ler o documento.

Te puede interesar
Más en Universitas