TECNOLOXÍA DA COMUNICACIÓN

Os destinos turísticos tamén queren ser intelixentes

Antonio Jesús Guevara, minutos antes da ponencia, acompañado polo presentador do acto José Antonio Fraiz.
photo_camera Antonio Jesús Guevara, minutos antes da ponencia, acompañado polo presentador do acto José Antonio Fraiz.

Guevara falou no campus sobre os novos sistemas de xestión

Como decano da Facultade de Turismo da Universidade de Málaga e como docente da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos, Antonio Jesús Guevara conta cunha longa traxectoria académica e de participación en proxectos que o avala para falar de como os destinos turísticos se están a enfrontar ao reto de volverse “intelixentes”.

Este venres ofreceu na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense unha conferencia na que explicou polo miúdo os novos modelos de xestión nos que as novas tecnoloxía da información e a comunicación se converten nunha ferramenta fundamental.

Presentado por José Antonio Fraiz, director do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, Guevara Plaza explicou aos asistentes á conferencia “a arquitectura e os procedementos que desde un punto de vista tecnolóxicos debe ter un sistema de xestión de destino intelixente”, xa sexa dunha cidade ou dunha zona. Estes sistemas, apuntou, deben integrar un sistema territorial e turístico integrado, poñendo en comunicación a todas as empresas, produtos e actividades e a todos os potenciais turistas con esta oferta. “A cuestión fundamental é que estamos ante un cambio de modelo na comercialización turística a través de Internet”, apuntou.n

Te puede interesar
Más en Universitas