UNIVERSITAS

Un “diálogo entre iguais” para promover un ensino máis inclusivo

g1_result
photo_camera Ángeles Parrilla é a coordinadora deste programa de doutoramento interuniversitario.

Máis de 40 investigadores e investigadoras procedentes de cinco universidades reúnense en Poio os días 15 e 16 de maio no que será unha reunión científica

Os estudantes sempre din que o doutoramento é un período de moita soidade, á fin e ao cabo, aínda que formen parte dun grupo de investigación, é un proxecto que realizan individualmente”, salienta a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Ángeles Parrilla, coordinadora do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación. De aí que todo intercambio de ideas poida achegar novos enfoques ás súas investigacións, máxime se o seu obxectivo é desenvolver proxectos cunha aplicación práctica, que contribúan a fomentar unha educación inclusiva. Ese é o ámbito no que traballan precisamente os máis de 40 investigadores e investigadoras que mañá e o sábado participarán en Poio nun “diálogo entre iguais”, grazas á I Reunión Científica Interuniversitaria de Novos Investigadores deste programa de doutoramento.


Alumnos de doutoramento das universidades de Vigo, Santiago, A Coruña, Oviedo e Cantabria participarán na Hospedería do Mosteiro de Poio na que será a primeira reunión do alumnado deste programa coordinado por Parrilla, que ten como propósito a posta en común de experiencias e puntos de vista, así como a creación dunha “gran rede de intercambio entre os investigadores en formación”. Así o salientan Silvia Sierra e Tania Cid, as dúas alumnas que encabezaron a comisión responsable de definir os contidos desta xuntanza.

Te puede interesar
Más en Universitas