DEPORTE

Dous bronces para a UVigo no Campionato de España de Esgrima

Judith Rodríguez e Pedro Otero acudiron á proba na Politécnica

nnn As instalacións da Universidade Politécnica de Madrid acolleron o pasado sábado, 2 de abril, o Campionato de España Universitario de Esgrima con bos resultados para a Universidade de Vigo, dúas medallas de bronce para os dous únicos tiradores que acudían representándoa. A pesar de contar co só dous deportistas no campionato, a Universidade de Vigo clasificouse como sétima na xeral, nun evento no que participaron un total de 101 deportistas procedentes de 31 universidades participantes.

Judith Rodríguez foi a representante feminina da Universidade de Vigo que xunto a Irene Romero, da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid, obtiveron sendas medallas de bronce. Deste xeito, Judith Rodríguez tivo que derrotar á valenciana Ana Tébar para entrar en semifinais, onde caeu derrotada por Bárbara Ojeda, da Universidad Politécnica de Barcelona.

No tocante á proba masculina, Pedro Otero, da Universidade de Vigo, acadou unha meritoria medalla de bronce, tras superar cada unha das fases ata caer derrotado ante o madrileño Sergio Lacasta en semifinais e deste xeito obtivo outro bronce.n

Te puede interesar
Más en Universitas