UNIVERSITAS

A EUE Empresariais celebra a acreditación dos seus títulos

g1-4-_result
photo_camera Mar Rivero, secretaria do centro e Patricio Sánchez, director, durante a presentación das xornadas que se celebrarán esta tarde.

As xornadas sobre empresas e comercio celébranse hoxe cunha presentación titulada
"A Escola de Empresariais, viveiro de iniciativas emprendedora"

En xaneiro acadaron a acreditación das súas titulacións e agora, a dirección da Escola Universitaria de Estudos Empresariais quere visibilizar este logro e facelo extensible a toda a comunidade universitaria coa celebración da I Xornada de Empresa-Comercio. Este martes o director do centro, Patricio Sánchez e a secretaria, Mar Rivero, presentaron o programa deste evento, que terá lugar hoxe pola tarde.
A xornada comezará ás 16.30 cunha presentación titulada "A Escola de Empresariais viveiro de iniciativas emprendedoras", na que antigos alumnos do centro explicarán ao estudantado a súa experiencia emprendedora. Tomarán parte na xornada Guillermo Prado, que cando estaba cursando o mestrado na EUEE puxo en marcha Enzo Cuture, a súa propia empresa de moda xuvenil, que comercializa principalmente roupa informal.

Outro dos convidados a mostrar a súa experiencia como empresario é Javier Cebreiros, experto en comunicación que conta xa con dous libros publicados: Olvida tu lenguaje corporal e Ser feliz no implica ser idiota e imparte relatorios sobre comunicación positiva, intelixencia emocional, liderado e motivación. O terceiro dos participantes nesta mesa redonda é Pablo López, fundador de Thinking Business, unha consultora de innovación, márketing e creatividade empresarial. Tras un descanso, ás 19.00 horas retomarase a xornada coa conferencia de José Luis Bonet, presidente da Cámara de Comercio de España.

Te puede interesar
Más en Universitas