UNIVERSITAS

O método hipopresivo, un valioso aliado

gal1 (5)_opt

“Un conxunto de exercicios posturais e respiratorios que se fan en apnea, expulsando todo o aire”,

O correo electrónico dunha cantante lírica, que relataba como grazas á práctica de exercicios hipopresivos se reduciran varias das molestias asociadas ao esforzo ao que somete o seu aparato fonador, puxo sobre a mesa da profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Tamara Rial un novo campo de estudo dos efectos deste método de actividade física, os seus beneficios para aquelas persoas que teñen na voz a súa ferramenta profesional. Un campo ao que esta investigadora vén de realizar unha primeira aproximación xunto á alumna Susana Lorenzo, coa que puido comprobar como os exercicios hipopresivos contribuían á mellora da capacidade respiratoria dos integrantes dun grupo de teatro pontevedrés.


“Un conxunto de exercicios posturais e respiratorios que se fan en apnea, expulsando todo o aire”, compoñen este método de actividade física, pouco coñecido en España, onde se vincula fundamentalmente ás terapias posparto, como sinala Rial.

Te puede interesar
Más en Universitas