UNIVERSITAS

Miles de fotos e de xacementos descubertos en Turquía

Un grupo de estudiantes da Universidade de Vigo viaxaron ó sur de Turquía nunha visita a xacementos arqueolóxicos do país.

Unha experiencia máis que recomendable. Así definen o seu percorrido por Turquía os 24 participantes na VI Viaxe de Estudos Arqueolóxicos que cada curso organizan o Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo e a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense e que nesta ocasión os levou a recorrer o sur e o sudeste do país turco nunha viaxe cargada de anécdotas protagonizadas polos cambios culturais e as sorpresas meteorolóxicas: do calor da costa pasaron a sufrir un temporal de neve a medida que se ían internando no país que os deixou con sensacións térmicas de ata -20 graos.
Nos case dez días no que estiveron percorrendo Turquía, os integrantes da expedición atoparon un país máis europeizado do que se imaxinaban, con menos trazos musulmáns do esperado e, sobre todo, moi turística. "As mulleres ían camiñando soas pola rúa, fumando, entraban nos bares...", salienta Denís Miranda, algo que chamou tamén moito a atención de Belén Gómez xunto á "chamada aos rezos ás 05.40 horas da madrugada dende todos os altofalantes da cidade".

Te puede interesar
Más en Universitas