CULTURA

Música, arte e coloquios para achegar a cultura a todos os públicos

concier_result
photo_camera concier_result

A programación de primavera da Vicerretería do campus,reune varias actividades para a cidadanía

Reunir nun mesmo programa “unha serie de actividades moi diversas” pero ligadas por un mesmo “fío común, o de achegar a cultura á xente” foi o eixo baixo o que se articulou a programación de primavera da Vicerreitoría do campus, segundo salienta o seu responsable de Extensión Cultural, Manuel Morquecho. Música, arte e cine conforman, xunto con diversas actividades formativas e un ciclo de conversas con persoeiros da cidade, un programa de actividades abertas a toda a cidadanía, coas que se busca “que calquera persoa poida atopar nesta programación algo que lle guste”.


“Dá igual que sexa porque lles guste a música, as artes plásticas ou a tecnoloxía, a idea común desta programación é que calquera persoa poida achegarse á cultura desde o ámbito que máis lle interese”, salienta Morquecho do abano de actos que se desenvolverán no campus ao longo do segundo cuadrimestre co obxecto de achegar á cidadanía “unha programación estable que vaia deixando un pouso nunha cidade eminentemente cultural como é Pontevedra”.

Te puede interesar
Más en Universitas