UNIVERSITAS

O Outdoor Campus aposta polo traballo en equipo e o liderazgo

Ana Cidrás dirixe o programa que xa se está a aplicar en másters da Universidade de Vigo

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo puxo en marcha hai dous anos un programa formativo que tiña como obxectivo unir a educación e a actividade física. Este programa é o Outdoor Campus e arrancou como piloto nun máster de Enxeñería Industrial cun resultado moi positivo.

En xunio de 2014, Ana Cidrás comezou as súas prácticas do máster de Psicoloxía do Deporte e a Actividade Física no Campus de Vigo e o equipo do Servizo de Deportes apostou por ela para continuar con este ambicioso programa. Tras unha serie de modificacións e restructuracións, presentouse como curso formativo con recoñecemento académico de 1 crédito de ECTS e propúxose aos directores dos másteres e o de Innovación Industrial e Optimización de Procesos xa o fixo seu con resultados moi gratificantes o pasado curso. Así, este curso arrancaron con entusiasmo e Ana Cidrás é a encargada de dirixir este programa xa como persoal externo en categoría de psicoloxía deportiva.

Este curso xa se puxo en marcha “no máster de Oceanografía, da Facultade de Ciencias do Mar; cun grupo de mentores do programa Meet-Teleco, da Escola S. Telecomunicacións; e hai só uns días cos alumnos do máster de Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos, da Facultade de Educación”, sinala Cidrás, que engade que “a finalidade é que os participantes adquiran, ou polo menos se sensibilicen en competencias de traballo en equipo e liderazgo, esto é, que calesquera que sexan os coñecementos adquiridos na súa formación académica, saiban relacionarse no mercado laboral cos seus compañeiros de traballo”.

Ana Cidrás tamén fala de “diferenciación”, nun complicado mercado laboral con moita competencia “somos conscientes destas dificultades polo que os nosos obxectivos son acadar unha diferenciación  dos nosos alumnos en comparación cos de outras universidades”, ao tempo engade que “a sociedade  no só demanda coñecementos técnicos específicos (aptitudes), senón que as persoas saiban interactuar, sexan resolutivas, tomen decisións de xeito autónomo e saiban xestionar os conflictos que poidan surxir (actitudes)”.

Así, este programa ofrece sinxelas pautas a través de actividades sociodeportivas, utilizando o aprendizaxe experiencial, que ten como base que os alumnos aprendan facendo.

O programa continurá este curso no máster de Fabricación Mecánica, da Escola de Enxeñería Industrial e están pendentes de integralo en outros másters e cursos e non cerran portas a poder chegar ao profesorado por medio do Programa de Formación Permanente.

Te puede interesar
Más en Universitas