UNIVERSITAS

Outono pasado por auga para comezar o curso universitario

unnamed_result
photo_camera Cartaz da actividade organizada polo Servizo de Deportes.

Augaventura-Campus Mar Life Outono 2015 reúne cinco actividades en setembro e outubro

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo volve apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life Outono 2015, onde propoñen ata cinco actividades como son  Bautismo de Surf, Rafting, Bautismo de Vela, Windsurf e a Ruta da Illa de San Simón (Kaiak-Andaina).

Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar.

O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar-TDU e 5 euros para o resto da comunidade universitaria. A actividade, que se prolongará durante aproximadamente dúas horas, desenvolverase en dúas datas: o 27 de setembro e o 4 de outubro, sendo as datas límites para anotarse os días 20 e 27 de setembro, respectivamente.

A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Rafting que será o día 2 de outubro, con data límite para anotarse o 23 de setembro. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para os voluntarios e de 15 para o resto da comunidade universitaria. A actividade prolongarase durante catro horas.

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina) celebrarase o 3 de outubro (a data límite de inscrición será o 27 de setembro). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para os voluntarios e 10 para o resto. Colabora nesta actividade Marexada e desenvolverase na illa San Simón e é de dificultade baixa.

A seguinte das propostas é o Bautimos de Vela que acolle a Escola de Vela do Real Club Náutico de Vigo. Nesta actividade colabora o Real Club Náutico de Vigo e se realizará o 26 de setembro. O prezo é de 5 e 8 euros, para voluntarios e resto da comunidade universitaria, respectivamente.

A actividade Windsurf será a quinta das  propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Outono 2015, unha actividade para a que contan coa colaboración de Tierra y Mar que se realizará na Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. O prezo oscila entre os 7 e os 10 euros e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. O 22 de setembro é a data límite de inscrición  o día de realización o vindeiro 29 de setembro.

Te puede interesar
Más en Universitas