UNIVERSITAS

Selo vigués da Academia Europea de Dirección e Economía da Empresa

gal1_result
photo_camera A catedrática Encarnación González.

Conta con máis de 500 membros de diferentes países, 50 deles investigadores das universidades galegas.

 A Academia Europea de Dirección e Economía da Empresa naceu xa cun pé posto en Vigo. O seu fundador, o catedrático Camilo Prado, era naquel intre docente na Universidade viguesa. Agora, trinta anos despois da súa creación, a súa presidenta é tamén profesora da mesma institución, Encarnación González, catedrática do Departamento de Organización de Empresas e Márketing e directora do grupo de investigación iMark. A Aedem conta cunha sede en Vigo e outra en Madrid e dos máis de 500 membros, 50 son docentes e investigadores das tres universidades galegas.

Son xa case trinta anos de traballo a prol da investigación e a innovación no eido da economía da empresa, un campo no que ten cabida o márketing, a contabilidade, a responsabilidade social, a organización da empresas, etc. “A nosa finalidade como academia”, explica Encarnación González, “é fomentar a docencia e a investigación” para o que organizan dun congreso nacional e outro internacional cada ano e contan con dúas revistas e outras publicacións que dean acubillo a toda a literatura que se xera neste campo. “É complicado no eido da economía e da empresa atopar revistas con impacto nas que publicar as investigacións”, destaca a profesora, por iso un dos seus obxectivo é que as revistas da Aedem se convertan en publicacións JCR, é dicir que o seu índice de impacto se recolla no Journal Citation Reports. “Teñen xa moi boa acollida internacionalmente e un índice de citacións alto” o que resulta de especial interese para que o investigadores teñan alternativas para publicar os seus traballos, “xa que existen poucas revistas internacionais de economía e a lista de agarda é amplísima”.

A revista Investigaciones Europeas de Dirección y Economía de la Empresa, explica a docente, superou a IV convocatoria de avaliación da calidade editorial e científica das revistas científicas españolas que Fecyt realizou durante 2014, o que lle outorga á revista o Selo de Calidad Fecyt. A segunda publicación coa que conta a academia é a Revista Europea de Dirección y Economía de la Empresa, que se ten convertido nunha guía fundamental para os e as profesionais e docentes que analizan e aplican os coñecementos teóricos ao mundo da empresa. “Están ambas moi ben posicionadas, xa estamos na base de datos de referencias bibliográficas e citas Scoopus cun índice de impacto alto, pero estamos tratando de convertelas en JCR”, destaca González.

Te puede interesar
Más en Universitas