O campamento de Nadal de O Barco ofertará diversión e bicos

Concello de O Barco. (Archivo)
photo_camera Concello de O Barco. (Archivo)

O campamento de Nadal "Un Barco cheo de bicos", promovido polo Concello do Barco, destaca a importancia de xestos non materiais como regalos

“Vai por todos os bicos que durante a pandemia non nos puidemos dar”. Margarida Pizcueta, responsable da Concellaría de Cultura do Concello do Barco, está convencida de que “o mellor agasallo que alguén che pode dar, é un bico, e máis se ven dun neno”, e por iso, o campamento de Nadal deste ano, centra a súa temática nelo, co título “Un Barco cheo de bicos”. “Creo que é moi necesario facer fincapé no non materialismo, porque son datas que están muy centradas no material”, explicou. Dirixido a nenos de entre os 3 e os 12 anos, terá lugar entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, das 10,00 ás 13,00 horas, con servizo de agarda de 9,00 a 10,00 e de 13,00 a 14,00 horas. 

Catro razóns

Para a concelleira, catro son as razóns “poderosas” para participar na actividade, que se organizou coma todos os anos, ca axuda da Asociación Vagalume Valdeorras. A primeira, que o campamento é unha opción non só de agarda, senón que “o noso obxectivo é que xoguen, que se divirtan, que o pasen ben cos seus iguais”, contou Pizcueta. A segunda razón é a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal, que “sempre é complicada”, explicou. A terceira razón, o prezo. “Estableceuse a cantidade de 40 euros por inscrito con servicio de agarda por 10 euros cada franxa horaria; o precio tan moderado é porque podemos facer a actvidade a través dunha asociación sen ánimo de lucro. 

A cuarta razón ven porque “o campamento é un lugar de reencontro”, onde os nenos vólvense a atopar e xogan xuntos”. O prazo para a inscripción abriuse o día 21 de novembro e rematará o próximo 1 de decembro. O lugar de celebracións do campamento será a Casa da Xuventude, polo que as prazas ofertadas son 60.

Te puede interesar