O colexio Condesa de Fenosa cambia de nome

Chamarase Francisco Pérez Lemos en recordo do anterior director

O colexio Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras cambiará de nome e pasará a levar o do director anterior, Francisco “Paco” Pérez Lemos, falecido no mes de decembro, despois de dúas décadas de traballos no centro educativo barquense. A decisión partiu dun grupo de persoas, pero pronto obtivo o respaldo unánime da comunidade escolar.

No colexio aínda está presente a imaxe de Paco Pérez Lemos. “Foi unha persoa que marcou unha etapa moi importante no colexio”, comentou o profesor Xoaquín Freijeiro Álvarez, responsable da biblioteca do colexio. O plantexamento de tributarlle unha homenaxe foi rápidamente aceptada por mestres, pais e alumnos. “Pensamos que a mellor homenaxe é que este centro pase a recoller o seu nome e mantelo como unha mostra de respeto a unha persoa que fixo do ensino a súa vida e propiciou que os demais poidésemos traballar neste oficio da mellor maneira posible”, añadiu.

Francisco “Paco” Pérez Lemos.
Francisco “Paco” Pérez Lemos.

O cambio de nome ten o respaldo de todo o claustro e do consello escolar do colexio e nas vindeiras horas pasará a debatilo o pleno do Concello de O Barco. En referencia á proposta do centro, o alcalde, Alfredo García Rodríguez, mostrou a súa conformidad. “É unha decisión do claustro e o Concello apróbaa”, indicou.

Condesa de Fenosa "é un nome que non nos representa"

En referencia ao nome actual, Condesa de Fenosa, na comunidade educativa aseguran que non se sinten representados por el. Recordan que case transcurriu medio século desde que o colexio abriu as súas portas, sendo esa a denominación que lle puxeron quen mandaba naqueles anos. “A condesa de Fenosa o único que fixo por Valdeorras foi construir algún encoro para producir electricidade e sacar os seus dividendos pero nunca atendeu as nosas peticións”, explicou Xoaquín Freijeiro.

Na memoria do centro barquense aínda está presente a falta de apoio que encontrou cando os mestres apostaron forte pola biblioteca. A súa solicitude de libros non obtivo resposta algunha. Referíndose a denominación actual, o profesor que potenciou este servicio no colexio continuou asegurando que “é un nome que non nos representa, nin ao profesorado, nin á comunidade, nin á comarca. Entón, cremos que estaremos mellor representados co nome de Paco Pérez Lemos, que foi un mestre de primeira”.

Te puede interesar