A comarca recibe 252.000 euros para contedores soterrados, pavimentación de rúas e suprimir barreiras arquitectónicas

A comarca de Valdeorras recibe a metade dos fondos dunha partida de 550.000 euros aprobada pola Deputación para obras de pavimentación de rúas, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de contedores soterrados. En concreto, afectará a O Barco, Viana e A Rúa. Tamén están previstas obras similares en Xinzo, Verín, Ribadavia e Carballiño.
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou achegas por un total de 550.000 euros para a mellora de espazos públicos das comarcas de Valdeorras, Xinzo, Verín, Ribadavia e Carballiño. As subvencións irán destinadas á peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e contedores soterrados, no marco dos proxectos Arraiano, Terras do Avia e Delorur.

Na comarca de Valdeorras, os concellos de O Barco, Viana do Bolo e A Rúa recibirán un investimento de 252.000 euros para realizar obras que permitirán acondicionar rúas, suprimir barreiras arquitectónicas e levar a cabo melloras medioambientais. Así, en Barco de Valdeorras as subvencións irán destinadas á supresión de barreiras arquitectónicas no antigo edificio consistorial, para o cal se destina unha partida de 44.113 euros, e tamén se instalarán contenedores de lixo soterrados no núcleo urbano, obra que se realizará cunha partida de 39.936 euros. Mentres, en Viana do Bolo as
axudas irán destinadas á pavimentación das rúas San Román, Bolado e Santa Marta, para o cal se destinan 84.000 euros. O Concello de A Rúa tamén recibirá 84.000 euros, para a mellora do espazo público de O Aguillón.

Por outra banda, na comarca de Carballiño peonalizarase a rúa comercial Cánovas del Castillo cunha partida de 32.800 euros e renovarase o mobiliario urbano na Praza da Alameda e no núcleo de Carballiño, por 32.050 e 24.886 euros, respectivamente.

En Ribadavia acometerase a mellora do espazo público en varias rúas, unha das cales será a rúa Progreso. Neste caso o investimento total para as obras elévase a 89.600 euros.
Finalmente, en Xinzo de Limia remodelarase Praza Maior cunha partida de 59.500 euros; mentres que en Verín vanse instalar e reparar contedores soterrados, por un importe de 60.000 euros.

Te puede interesar