O comercio de O Barco festexa o Día das Letras cos centros educativos

Presentación das actividades do Día das Letras Gallegas.
photo_camera Presentación das actividades do Día das Letras Gallegas.

O comercio do Barco e os colexios alíanse para festexar o Día das Letras Galegas 2023. O resaltou a asociación Centro Comercial Aberto (CCA), que preside Jacobo Arias, o anunciar a colaboración cos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos de O Barco, Rubiá e Sobradelo (Carballeda) para desenvolver a campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”.

Os 39 establecementos asociados ao CCA O Barco que se sumaron á campaña amosarán nos seus escaparates cartas do protagonista desta edición do Día das Letras Galegas, estarán decoradas e levarán selos coa imaxe do escritor elaborados polos alumnos dos centros. Paralelamente, os estudantes poderán participar nunha xincana na procura das cartas nos establecementos, vinculando as mesmas cos encabezamentos recollidos nun folleto de participación que terán que selar en cada un dos negocios. Ao completalo, deberán depositalo, cos seus datos personais, nunha urna colocada na sede do Centro Comercial Aberto de O Barco.

A campaña arrancou onte e rematará o mércores 31 de maio, e os participantes poderán gañar un vale de compra de 50 euros para investir nas librarías asociadas: Caprichos, Murciego, Praxis, Yoli e Nós. Ademais, a mellor carta decorada de cada centro educativo será premiada con 25 euros para material escolar.

Os centros son: Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo, Divina Pastora, Lauro Olmo, Martaguisela, Virxe da Encina e Tomás Terrón Mendaña.

Te puede interesar