O concurso das Letras Galegas do Barco xa ten gañadores

Entrega de premios das Letras Galegas en O Barco.
photo_camera Entrega de premios das Letras Galegas en O Barco.

Os premiados recibiron vales de 25 e 50 euros para investir nas librerías asociadas ao Centro Comercial Aberto

O Centro Comercial Aberto do Barco fixo entrega dos premios da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”, organizada polas Letras Galegas, colaborando cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos do Barco, e contando esta edicíón ademáis cos colexios de Rubiá e Sobradelo.

A campaña desenvolvíase entre o 10 e o 31 de maio e este martes e a Praza do Concello acollía a entrega de premios este martes.

En primeiro lugar galardoaban “os oito mellores traballos do alumnado que consistiron en cartas do autor decoradas cun selo dunha caricatura de Fernández del Riego e que se amosaron nos establecementos asociados participantes”, tal e como sinalan desde a organización. Os premiados foron Sara Fernández, do colexio Condesa de Fenosa, Carlota Carrera do Julio Gurriarán, Leo Pérez do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, Sara González do colexio Divina Pastora, Carla Rodríguez do Lauro Olmo, Zoe Ramos do Martaguisela, Aroa Tamerón do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo e Carlos Porto do Virxe do Camiño de Rubiá, gañadores de vale de compra por valor de 25 euros para investir nas librarías asociadas ao Centro Comercial Aberto.

Ademáis a asociación celebrou o sorteo da xincana da campaña e o folleto premiado cun vale de 50 euros, foi o de Liher Matallana.

Te puede interesar