VALDEORRAS

Controlados os incendios de Rubiá

En ningún caso afectaron o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

Os dous incendios de Rubiá, ficaron controlados ás 23.40 horas de onte e en ningún caso afectaron o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

O lume que se iniciou na parroquia da Veiga de Cascallá afecta unha superficie de 47,96 hectáreas, das que 43,46 son de monte raso e o resto, arboredo. Na zona traballan dous axentes forestais, tres brigadas e as dotacións de unha motobomba, unha pa e dous helicópteros.

Por súa vez, o incendio da parroquia do Porto afecta unha superficie de 83,75 hectáreas de monte raso e contra el traballan catro axentes forestais, tres brigadas e as dotacións de unha motobomba, seis helicópteros e dous avións.

Te puede interesar