Delgado Gurriarán, protagonista do boletín da RAG

Delgado
photo_camera Delgado
As achegas sobre o escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurrriarán (Vilamartín, 1903-Fair Oaks-California, 1987) abren o último boletín da Real Academia Galega, que lle rendeu homenaxe o 17 de maio de 2022

“Córgomo foi unha festa. Poucas veces a celebración do Día das Letras Galegas tivo unha resposta tan activa e espontánea. Imposible entender a poesía e mesmo o talante de Florencio Delgado Gurriarán sen a música e a paisaxe de Valdeorras”, expuso Víctor F. Freixanes no limiar.

Nun primeiro apartado do boletín aparecen os traballos presentados no Simposio Florencio Degado Gurriarán, que tivo lugar os días 3 e 10 de novembro. Aquí, aparecen os traballos de Xesús Alonso Montero, Ramón Nicolás, Débora Álvarez Moldes, Concepción Álvarez Pousa, Xosé Manuel Dasilva, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Xosé L. Pastoriza Rozas, Samuel Diez e Pilar Cagiao. O segundo inclúe as alocucións académicas do 17 de maio de 2022, en Córgomo, de Ramón Villares, Rosario Álvarez e Xesús Alonso Montero.

Outra parte destacada da publicación da Real Academia Galega a centra unha lembranza do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. Nesta sección, afóndase nas olladas sobre a figura do académico que foron expostas na homenaxe do 17 de marzo do ano pasado, no seu primeiro cabodano.

Te puede interesar