VALDEORRAS

Os establecementos do Barco premian o fomento do galego

photo_camera Os gañadores dos premios do concurso "Pon de moda o galego", con directivos do CCA de O Barco.

Máis dunha treintena de comercios participaron na campaña "Pon de moda o galego!" 

O fomento do uso da lingua galega e a promoción dos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de O Barco foron os obxectivos que se fixaron os promotores da campaña "Pon de moda o galego", que rematou onte, na sede dos empresarios valdeorreses, coa entrega de premios aos estudantes que realizaron os mellores traballos. Consistiron en vales de 25 euros, canxeables por material escolar nos locais da asociación. Os entregou Sandra Moldes Rodríguez, tesoreira do colectivo.

A campaña foi desenrolada conxuntamente polo propio Centro Comercial Aberto de O Barco e os equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos barquenses e de Rubiá. A promoveron o pasado mes de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, coa participación de 32 establecementos asociados.

Os estudantes diseñaron camisetas, cada unha delas cunha palabra en galego. Unha parte destas prendas foi exposta nos escaparates que se sumaron á campaña, en tanto que as restantes eran coladas no Paseo do Malecón, que foi preparado simulando un tendal de grandes dimensións. Non todas aguantaron prendidas todo o tempo, pois tamén houbo quen aproveitou para renovar o seu vestuario levándose as máis chamativas.

Te puede interesar