“Florencio na Terra” preestrenouse na Rúa

Domingo Díaz, en la presentación de ayer.
photo_camera Domingo Díaz, en la presentación de ayer.

O documental busca poñer en valor ao poeta de Córgomo, segundo o seu director, Domingo Díaz Docampo

Unha versión previa do documental “Florencio na Terra” proxectouse onte no Centro Cultural Avenida, de A Rúa. O público asistiu á preestrea dun filme que produxo SocialDocs e que contou co apoio da Deputacón Provincial. A súa estrea, de acordo coas previsións que manexa o seu director, Domingo Díaz Docampo, non chegará ata o 7 de febreiro de 2023. Será en Madrid e dará paso, cinco días despois, á súa proxección en México.

En todo caso, o director de Petín explicou que a película “está prácticamente rematada” e que tamén lle gustaría que se movese en torno as datas do Día das Letras Galegas do ano que vén, como peche do ano que a Real Academia de Galicia adicou ao poeta valdeorrés.

Domingo Díaz explicou que a película ten unha finalidade principal: “Poñer en valor a figura de Florencio Delgado”, centrándose fundamentalmente nas súas vivencias valdeorresa e mexicana. O documental escapou de reunir opinións en torno a figura do escritor valdeorrés que protagonizou o Día das Letras Galegas de 2022. Si inclúe a entrevista que lle realizou a historiadora Dolores Pla no ano 1979 na cidade mexicana de Guadalajara.

Ademais, o documental recolle diferentes secuencias de animación para recrear episodios da vida de Delgado Gurriarán.

A preestrea ruesa de “Florencio na Terra” pon o punto final aos eventos presenciais do ano das Letras de Florencio.

Te puede interesar