Homenaxe ó mestre Xesús Rodríguez Jares en Viana

Placa en homenaje a Xesús Rodríguez Jares.
No marco do XXVII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz, tivo lugar onte en Viana do Bolo, unha homenaxe a Xesús Rodríguez Jares, mestre vianés referente a nivel internacional dos movementos de renovación pedagóxica e de Educación para a Paz, falecido en 2008.
O acto consistiu na colocación dunha placa na súa casa natal, que lembra o seu traballo a prol da Educación e en defensa da Paz, e foi descuberta pola mestra vianesa Beatriz Santos.

Esta lembranza supuxo o peche das xornadas, xunto coa solta da Pomba, desde a Praza Maior, que, de xeito habitual, se ven a facer nos Encontros anuais desta organización.

Os participantes destas intensas xornadas, que deron comezo o vindeiro venres, poideron participar en xogos cooperativos, táboas redondas, actuacións musicais, relatorios e presentacións, como a do número 54 da Revista Galega de Educación. Tamén tiveron oportunidade de tomar parte en diversos obradoiros educativos, co uso da música ou os xogos tradicionais.

Te puede interesar