Un incendio nun alpendre queima case por completo unha casa á que se propagou o lume na Gudiña (Ourense)

Un incendio orixinado nun alpendre no municipio ourensano da Gudiña queimou case por completo unha casa á que se propagou o lume, pero non houbo persoas feridas.
Segundo os datos facilitados polo 112, ás 00.52 horas deste luns o servizo de emerxencias foi alertado de que ardía un alpende ao lado da casa número 55 do lugar de Parada da Senra na Gudiña.

Foron mobilizados o Grumir da Gudiña, persoal de incendios, Protección Civil, os Bombeiros de Verín e a Guardia Civil, que indicou que ardía un alpendre cun tractor e que o lume pasara a unha vivenda.

O Grumir da Gudiña, pola súa banda, confirmou que o lume pasara a unha casa, situada nunha zona estreita e de difícil acceso xunto ao alpendre.

Ás 3.43 horas os bombeiros regresaban á base tras ratificar que ardera o alpendre e unha casa case por completo. No lugar quedaron efectivos do Grumir arrefriando a zona.

Te puede interesar