DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Instituto de Viana rende homenaxe a Carlos Casares

20170511_111927-1-_result
photo_camera Casares, Ferreiro, Fernández, Garrido, Monxardín e Maseda, no Instituto Carlos Casares.

Docentes e alumnos recordaron o paso do protagonista do Día das Letras Galegas polo centro

A comunidade educativa do Instituto Carlos Casares, de Viana, recordou onte a figura do escritor ourensán, que da nome ao centro e a quen está dedicado o Día das Letras Galegas 2017. O director, Carlos Ferreiro, abríu a homenaxe a Carlos Casares (Ourense, 1941; Nigrán, 2002), explicando os motivos que xustificou a elección da Real Academia Galega.

"Tiñamos claro que non ía tardar moito que habería un Día das Letras Galegas adicado a Casares. Primeiro, por razóns culturais e literarias e, en segundo lugar, por motivos de xustiza ideolóxica", dixo Carlos Ferreiro. Recordou que Carlos Casares foi profesor e director do daquela chamado Colegio Santo Tomás de Aquino entre os años 1968 e 1969. "Sufriu o rigor dunha etapa na que non existía a democracia en España e foi sancionado", engadíu.

No acto, o escritor Afonso Monxardín, falou da relación de Carlos Casares coa provincia ourensana. Explicou que a súa vida xirou sobre cinco localizacións: a cidade de Ourense, Xinzo e a comarca da  Limia, Castro de Beiro, Viana e Cangas-Vigo.

Ó acto, que clausurou Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, tamén asistiron Xabier Casares (irmán de Carlos Casares), Luz Fernández (xefa territorial de Educación), Manoli Maseda (Política Lingüística) e Gustavo Garrido (presidente da Fundación Carlos Casares), entre outros.

Te puede interesar