SUCESO

Intoxicado un home por un incendio na súa vivenda na Rúa

O lume declarouse arredor das 9,00 horas do mércores e ata o lugar desprazáronse, entre outros medios, Bombeiros de Valdeorras, Protección Civil e Urxencias Médicas.

Un home resultou intoxicado por inhalación de fume nun incendio acontecido na mañá do mércores na súa vivenda da localidade da Rúa (Ourense). 

Segundo informa o CAE 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital de Valdeorras ao home tras arder unha porta na súa vivenda situada en Praza Fontei. 

O lume declarouse arredor das 9,00 horas do mércores e ata o lugar desprazáronse, entre outros medios, Bombeiros de Valdeorras, Protección Civil e Urxencias Médicas.

Te puede interesar