ENTREVISTA

"O máis transgresor que fixen foi romper o desfile vestindo a un xoven como raíña"

Entrevita_result
photo_camera O deseñador Jorge Álvarez.

Un xove perruqueiro vianés, Jorge Álvarez, levouse o primeiro premio da "XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas", un certamen que a piques estivo de ganar na edición do ano pasado

Un xove perruqueiro vianés, Jorge Álvarez, levouse o primeiro premio da "XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas", un certamen que a piques estivo de ganar na edición do ano pasado.

En que se inspirou para crear a colección?

 

 

Está inspirada na realeza. A chamei "Royalty". Baseime sobre todo na española, aínda que tamén leva algo francés. Inspireime en personaxes como Isabel la Católica ou Juana la Loca. O máis transgresor que fixen foi romper o desfile vestindo a un mozo de raíña.

Defínanos as súas creacións.

Son transgresoras, barrocas, mais modernas. Rompen a teoría de que o Barroco é antigo. A cor predominante foi o dourado. Sobre todo nos encaixes e brocados. As telas eran de tonos azul ou negro, mais predominaba o dourado.

Non é a primeira vez que vai ao certamen de Camariñas. A que se debe este interese?

O ano pasado quedeime nas portas e cando me quedo ás portas de algo, teño que ir a por iso. Se este ano me deran o segundo premio, quedaría fastidiado, aínda que fun a concursar.

Levoulle moito tempo preparar a colección?

Levo desde novembro. Antes de saber que concursaría xa escomecei a traballar. Sen saber se ía, púxenme a preparala. Díxenme: se vou, xa teño media colección feita.

Que prendas levou?

Levei catro, compostas por 15 pezas, sen contar os complementos: collares, coroas, pendientes...

Pensa acudir a outros certames? Que proxectos manexa?

Non sei. Agora teño que aproveitar o tirón. A colección queda exposta durante dous anos no Museo do Encaixe. Proxectos teño varios mais teño que compaxinalos coa perruquería e cóstame facelo todo. Cada vez quero abarcar máis e chega un punto no que non dou. Este ano tiven que rechazar varios concursos.

É difícil traballar neste tipo de diseño de moda no rural?

Quixen abrir a mentalidade con un mozo vestido de moza. Aquí, no meu pobo, como xa me coñecen, non se asustan.

 

Te puede interesar