A mostra sobre Delgado Gurriarán chega ó Barco

A exposición “Compromiso na distancia”, na biblioteca do Barco.
photo_camera A exposición “Compromiso na distancia”, na biblioteca do Barco.

A figura do escritor Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo-Vilamartín, 1903; Fair Oaks-Estados Unidos, 1987) segue presente en Valdeorras. A Biblioteca municipal de O Barco, á que dá nome, expón desde onte a mostra “Compromiso na distancia”, que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que protagoniza o poeta a quen a Real Academia Galega adicou o Día das Letras Galegas 2022.

A exposición permanecerá ata o 20 de outubro e poderá visitarse no horario habitual da biblioteca: de 9,45 a 13,00 horas, de luns a venres, e desde as 10,00 ata as 13,00 horas dos sábados. Os centros escolares ou grupos de persoas interesadas tamén poderán visitala, solicitándoo previamente no correo electrónico “[email protected]” ou ben chamando ao teléfono 988320202, na extensión 1131.

A exposición amosa un material que entrelaza dúas realidades, por un lado o espazo onde se criou e os poemas que lle inspirou este espazo, nun percorrido pola obra do autor.

Te puede interesar