O pleno do Día das Letras chega a Córgomo o martes 17 de maio

Comezará ás 12,30 horas na Aira dos Bolos de Córgomo

A Aira dos Bolos de Córgomo (Vilamartín), pobo natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), acollerá o 17 de maio a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas. Comezará as 12,30 horas e haberá alocucións dos académicos Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Rosario Álvarez Blanco. Pechará o acto o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.

Nesa data, ás 20,00 horas, chegará ao barquense Teatro Lauro Olmo “Tras os vieiros de Florencio”, de Fantoches Baj, unha peza teatral con textos do poeta, incluída na xira “Falaredes”, da Dirección Xeral de Política Lingüística.

O día 16, ás 20,00 horas e no auditorio barquense, comezará o Concerto das Letras Galegas, do Consello da Cultura Galega. O protagoniza o grupo de cámara Zoar, que estreará “Diásporas”, de Carme Rodríguez.

Florencio Delgado tamén centra o novo número da revista “Raigame”, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, da Deputación. Por outra banda, un roteiro levará a 200 estudantes valdeorreses ao Córgomo do poeta da man das Letras de Florencio co apoio da Consellería de Educación. Xa no auditorio trivés Julio Vázquez, Xesús Alonso Montero presentará o seu libro sobre o poeta, “Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio”, as 18,00 horas do día 12.

Te puede interesar