ENTREVISTA

Rosa Enríquez: “Cando alguén di que non entende de poesía, penso que perde moitas cousas"

rosa
photo_camera A poeta Rosa Enríquez.

Autora do poemario "Historia do meu corpo en labaradas/Historia de mi cuerpo en llamas"

A poeta Rosa Enríquez presentou onte o seu poemario "Historia do meu corpo en labaradas/Historia de mi cuerpo en llamas", nunha edición bilingüe.

Fixo vostede a traducción ao castelán?
Eu tiña eses poemas escritos en galego e fixen eu mesma a traducción. Prefiro facer eu ese traballo, porque considero que a traducción dun poema é, a súa vez, un proceso de creación, por eso quero facelo, porque son meus.

Como autora dos textos, ve vostede diferencias entre o escrito en galego e o traducido?
Si. É o mesmo poema, pero a expresividade é diferente nos distintos idiomas. Trátase de buscar a equivalencia, que non sempre poder ser exacta, por iso, por haber unha sutil diferencia entre expresións en distintas lenguas.

Que conta nesta Historia do corpo?
Pretende ser unha reivindicación do corpo como territorio non colonizabel, o corpo das mulleres, como un territorio libre. Temos que emanziparnos co noso corpo.
Pensa que aínda nos queda moito para chegar a iso?
Sí, hai moita presión mediática, temos interiorizado un cánon estético que ven determinado por un sistema heteronormativo e patriarcal, que nos presenta un tipo de muller: alta, delgada. Se te adscribes a ese patrón, estás dentro, e senón, estás fora, pero non só polo corpo, senón tamén pola idade. Hai unha ocultación da enfermedade, da morte, da vellez femenina, e para min eso é unha violencia simbólica, que chega, sobre todo, dende os medios de comunicación. 

Como vive vostede facer poesía, un xénero que algúns consideran menor, e ademais poesía reivindicativa e feminista?
A poesía non é un xénero menor, tal vez minorizado, que non é o mesmo. A poesía foi o inicio da literatura. E certo que a lé pouca xente, pero isto ven determinado porque non hai unha educación para a lectura poética. A xente ten por iso certos prexuicios respecto aos textos poéticos, se ademais añades que hai uns temas como poden ser reinvidicacións feministas ou políticas, pois os prexuicios aumentan. Eu defendo que a lectura poética debe comezar nas escolas coa poesía rimada, e ir subindo pouco a pouco o nivel.

Por que non é así?
Creo que é unha educación do gusto. Así que chegamos a que quen lee poesía son as elites culturais, e iso e terrible, porque fai que exista como unha especie de pirámide cultural, na que hai persoas que poden acceder a iso e outras non. E temos que abrila para lograr máis lectores de poesía, sen olvidar que non lle ten que gustar a todo o mundo.

Que lle pasa polo corpo cando escoita “eu non entendo de poesía"?
Síntome impotente porque penso que se perde moitas cousas. Por exemplo, vamos a falar da cousa máis sinxela: o amor. Cando lle queres decir algo a unha persoa. Todo o mundo é capaz de decir unha frase bonita á persoa que ama, e iso é poesía. É algo que está en todas partes, é unha pena que non  o vexan. Eso parte dun descoñecemento.

Como se define en dúas palabras?
Incisiva e tamén impotente. 

Te puede interesar