Unha ruta lembra en Córgomo a Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán.
photo_camera Florencio Delgado Gurriarán.

Florencio Delgado Gurriarán será o protagonista da ruta guiada “Ruada con Florencio polas Candeas”, que terá lugar este domingo en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), a súa localidade natal. O acto farase coincidir coa celebración esta semana das “Candeas”, unha festividade que ten lugar en inverno no núcleo vilamartinés.

O itinerario está deseñado para amosar Córgomo ós participantes, dándolles a oportunidade de afondar no coñecemento da aldea que inspirou a poesía de Florencio, e cuxos lugares aparecen reflectidos na súa obra. O guía será Fernando Santalla, veciño e familiar do autor. Aportará unha óptica coa que mirar as rúas corgomesas cos ollos do Florencio más mozo.

A ruta sairá ás 16,30 horas da praza da Casa do Pobo de Córgomo. Para tomar parte no percorrido non será preciso inscribirse previamente.

Te puede interesar