Os servizos xurídicos da CIG están a estudar unha demanda penal contra a Fundación Valdegodos

Residencia de Valdegodos
A Unión Local da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Valdeorras vese na obriga de dirixirse á opinión pública para denunciar as agresións da Fundación Valdegodos contra os traballadores e, mais en concreto, contra os delegados de persoal electos nas listas da CIG.
A Unión Local da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Valdeorras vese na obriga de dirixirse á opinión pública para denunciar as agresións da Fundación Valdegodos contra os traballadores e, mais en concreto, contra os delegados de persoal electos nas listas da CIG. Actividades que se iniciaron con posterioridade á celebración das eleccións sindicais no centro de traballo de Viana do Bolo, na que os candidatos da CIG obtiveron a maioría dos votos.
Como desde este sindicato temos feito público, o incumprimento da lexislación laboral e a negativa da dirección da Fundación Valdegodos a negociar un proceso que fixera posible unha solución satisfactoria para as dúas partes, a social e a empresarial, e a elección por parte da empresa dunha escalada de ameazas e presións sobre os seus traballadores, deu lugar a que os servizos xurídicos da CIG teñan xa tramitado diante da xurisdición laboral 35 demandas coa finalidade de que a empresa cumpra o convenio colectivo no referente ao pago de trienios e dos complementos estipulados por traballar en días festivos, así como demandas en materia de horas extras. A estas demandas xa presentadas en firme, haberá que engadir as que na actualidade están pendentes de tramitación.
Temos que denunciar a persecución FEROZ que veñen sofrindo os/as nosos/as delegados/as e os/as tarballadores/as que reclaman os seus dereitos, por parte da dirección da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo e na residencia Virgen de Los Milagros en Vilamartin de Valdeorras, estas presións e ameazas víronse incrementadas ao longo desta última semana. A razón é que o próximo xoves, 12 de xuño, terá lugar no Xulgado do Social nº 2 de Ourense, o primeiro de toda a serie de xuízos contra a Fundación Valdegodos. Chamadas a capítulo, por parellas ou individualmente, presións de diversa índole, artimañas de todo tipo e un longo etc, pero esta semana os métodos de represión sindical e contra do persoal intenficouse por parte da empresa, primeiro fixeron un escrito de recollida de sinaturas entre o persoal de Viana arroupando a xestión do seu Xerente Luciano Alvarez López.
Proba da fobia reinante entre os responsables desta Fundación foi a xuntanza que mantivero onte venres dia 30 de xuño, O PATRONTO DA FUNDACION VALDEGODOS cos membros do COMITE DE EMPRESA dos distintos centros de traballo deixando fora a CIG (que é a 2ª forza sindical na Fundación) feito que constitue un claro atentado contra a lei de liberdade sindical polo que os representantes dos outros sindicatos representados están sendo comprices da Xerencia na sua actitude, onde incluso chegan a insinuarlles a posibilidade de “pechar as residencias” para presionar as súas vontades.
Para o noso sindicato, esta actitude é a gota que desborda o vaso e que, polo tanto, traducirase nunha serie de iniciativas dirixidas a manter a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e a denunciar a actitude da Fundación Valdegodos :
• Entrevista con responsábeis da Consellería de Vicepresidencia do Goberno Galego, que é o órgano que ten competencias sobre as residencias da terceira idade e que ten que velar porque a calidade asistencial aos residentes sexa a adecuada,.ao que lle exporemos o acontecido ao longo desta última semana e a súa incidencia negativa na calidade do servizo, esta entrevista terá lugar o luns dia 2 de xuño na delegación provincial. Lembremos que xa no pasado 1º de maio fíxose entrega ao Vicepresidente don Anxo Quintana dun dossier no que se describen todos os abusos laborais que sofren os traballadores da mencionada fundación e os efectos negativos sobre a calidade asistencial prestada aos residentes;
Os servizos xurídicos da Confederación Intersindical Galega están a estudar unha demanda penal contra a Fundación Valdegodos por persecución sindical e atentado contra o exercicio de representación dos traballadores
Iniciaremos de inmediato mobilizacións de diferente índole en apoio dos delegados e delegadas da Fundación Valdegodos que defenden os dereitos dos traballadores contra os desmáns e abusos da patronal, así como dos nosos afiliados e afiliadas na Fundación Valdegodos que faremos extensivo de persistir a situación o resto de delegados e delegadas de toda a CIG.
Queremos informar aos residentes nos establecementos da Fundación Valdegodos e ás súas familias que, na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, non descartamos a posibilidade de convocar unha folga, que sen dúbida terá efectos negativos na atención prestada neses establecementos. E que da deficiente atención como resultado desta mais que posible folga os únicos responsables serán os membros do Patronato da Fundación Valdegodos que, coa súa deixadez ou pola súa propia conveniencia, permitiron ese continuado incumprimento da legalidade e por non ter tomado no seu tempo cartas no asunto e poñer no seu sitio a aqueles membros da súa organización que mais que intentar resolver os problemas os agudizan con actitudes mais propias de pequenos ditadores e caciques trasnoitados.
Unha vez mais, apelamos á dirección da Fundación Valdegodos e ao seu patronato para que abandonen esta actitude hostil coas persoas que representan aos traballadores, saiban recoñecer e aceptar as súas responsabilidades no incumprimento do convenio colectivo e se senten a negociar cos responsables da CIG.

Te puede interesar