ENTREVISTAS

Francisco García: “Solarat non levou ao pleno asuntos que tiñan que ir. Fallou o diálogo"

dsc02379
photo_camera Francisco García Álvarez, presidente do Consello Regulador.

Francisco García Álvarez accedeu á presidencia do Consello Regulador da DO Valdeorras en medio do enfrentamento entre un sector de adegas privadas e as cooperativas. 

Francisco García Álvarez defendeu note que o enfrentamento acabará esquecido, nun sector que, no ano pasado, aumentou as exportacións un 16 %.

A que atribúe o enfrontamento no seno do Consello Regulador?

Eu levo desde setembro. Antes, non sei dicir. Tomouse a decisión de buscar unha persoa para sustituir a Isabel García Díaz na presidencia e José Vicente Solarat López pareceu a persoa idónea. Lle dimos toda a confianza e despois retirámoslla.

Por qué?

Hai asuntos que teñen que pasar polo pleno e non pasaron. Facía as cousas de forma persoal e lle retiramos a confianza. O normal é informar, non que os vocais se enteren por terceiras persoas. El dicía que non quería estar de recadeiro, mais eramos nós os que estabamos de recadeiros. Se hai unha maioría hai que respetala. El non estaba de acordo co noso plantexamento e tomou a decisión de marchar. Fallou o diálogo.

Por qué encargaron unha auditoría? Desconfían das contas?

A contabilidade está ben, mais é normal que se faga unha auditoría. Se eu entro, o normal é que trate de saber que hai. Non teño nada contra ninguén. Nunha empresa, se cesa a dirección, o normal é que informe da situación na que está. Ao mellor, hai facturas que non lle correspondía a Solarat firmar sen consultar co pleno.

Antes de Solarat estivo José Luis García Pando. Que opinión lle merece?

De García Pando non opino pois eu non estaba daquela no Consello Regulador. Tiñan que opinar os outros vocais.

A elección de asesor xurídico e auditor despertou críticas por non argumentalas. É así?

O asesor xurídico considero que é indispensable e se o pleno non o aporta, o principal é nomear un. Penso que fixen a elección adecuada. É indispensable para estar na legalidade. En canto á auditora, había tres ofertas e se votou aquela que nos semellou máis adecuada. Non por ser a máis cara.

Que vai pasar coa división no seno do Consello Regulador?

Nun grupo, sempre hai xente a favor e en contra. O escrito crítico o firmaron 29 adegas, mais non sei se foron presionadas. Si sei que as hai que están de acordo con variar o rendemento. Penso que, ao final, ten que haber consenso

Por que queren variar o rendemento por hectárea?

Que máis da poñer 12.000 kilos por hectárea que 15.000! Eu podo facer unha poda verde. É opinable. Ao final, decide o consumidor. Hai que darlle confianza as adegas, mais tamén ao agricultor, pois é o que mima as viñas. As uvas hai que collelas. Que hai que descalificar o exceso, pois se fai, mais non descalificar e multar. Na vendima, en Valdeorras igual quedaron 500.000 quilos de uvas nas cepas. A Denominación de Orixe ten que garantir que toda a uva está dentro. Se vixiará se hai vides que non están catalogadas. O normal é facer o censo.

Tamén hai temor a que o Consello Regulador perda a certificación ENAC. É posible?

A última inspección é do 2012. Non creo que se perda. Estase iniciando todo o proceso para correxir o que estaba mal feito.

E ás feiras. Vaise ir?

Agora imos a ProWein baixo o paraugas da Xunta e do Igape. Paréceme que van 13 das 46 adegas inscritas na DO. A ver que di José Guitián, que pedía máis feiras e menos enredos. A Xanptar foron as cooperativas de A Rúa e O Barco, ademais de Roandi, ninguén máis. Para Barcelona xa se superou o tope. Cunhas papeletas, irá a adega que lle toque.

Te puede interesar