A plataforma 'Queremos Galego' invita a poboación a manifestarse en Santiago

Os valdeorreses se mobilizan en defensa da lingua

Rosa Enríquez le o escrito en defensa da lingua.
A defensa da lingua galega reuniu este sábado, 10 de outubro, a doce membros da plataforma 'Qeremos Galego'. Se citaron en O Barco para invitar aos valdeorreses a sumarse a manifestación do 18 de outubro, en Santiago.
'A lingua é a nosa casa, nós vivimos dentro dela, somos fillos e temos a obriga de mantela en pé'. Estas foron as palabras que empregou a escritora ruesa Rosa Enríquez para facer un chamamento aos valdeorreses a sumarse á manifestación que o 18 de outubro percorrerá as rúas de Santiago en defensa da lingua galega. 'O galego é a lingua de noso, a nosa casa. Herdámola dos nosos avós e avoas e con ela aprendéronos a dicir palabras de amor e de amizade', dixo a poetisa valdeorresa, que lembrou a importancia dos escritores Rosalía, Rivas, Suso de Toro, Ferrín, Novoneyra, Manuel Antonio, Florencio Delgado Gurriarán, Camilo Valdeorras, Manuel María, Neira Vilas, Rafael Dieste e Castelao.

A rúesa estivo acompañada por outros once membros da plataforma 'Queremos Galego', que forman representantes de asociacións, músicos, sindicalistas, políticos e artistas. Durante o acto leron un manifesto en defensa da lingua galega e invitaron aos valdeorreses a participar na mobilización de Santiago, anotándose no teléfono 690/768295.

Te puede interesar