Viana acolle o XXVII Encontro de Educadores pola Paz

Los congresistas, en el acto inaugural.
O Instituto de Ensinanza Secundaria Carlos Casares de Viana acolle, dende o venres, o XXVII Encontro Galego-portugués de Educadores pola Paz, que comezou onte cunha táboa redonda baixo o título 'O noso camiño cara á paz', seguido dun festival musical, coa actuación de 'Os sete magníficos e máis un' e Lois Peres.
Segundo sinalan dende a organización, a razón de que sexa Viana a localidad que acolle estes encontros é que 'é onde nos levou a pomba da paz que foi soltada no mes de abril de 2012 en Chaves. A pomba decidiu pousarse nunha lomba perto de Viana e foi atopada por Lorena García Barja que estudou no IES Carlos Casares, participando nos programas de mediación'.

A xornada de onte dedicouse a relatorios, mañá e tarde, e hoxe está prevista a solta da pomba, ás 11,30 horas, dende o castelo de Viana.

Te puede interesar