entrevista - música

Abraham Vila: "A nosa música non precisa voz porque a guitarra tamén sabe como falar"

hierba_color_result
photo_camera Diego Atanes, Abraham Vila e David Bangura, integrantes do grupo.

No mundo da música, non hai nada asegurado. Porén, o traballo duro e o esforzo son dúas ferramentas fundamentais para poder atopar un oco dentro do panorama actual. The Phantom Dragsters, un trío formado na provincia ourensá, xa conta cunha longa experiencia en escenarios de toda España cos seus tres anos de idade

Mañá sábado, o grupo ofrecerá unha das súas actuacións no marco do festival Arteficial (en Ribadavia). Nesta XI edición, o certame presenta un cartaz de 

Cando e por que naceu The Phantom Dragsters? 

No 2014, Diego, o guitarrista, propúxome a min e a David, o baixo, que nos reunísemos algún día para facer algo instrumental, e a cousa foi tan ben que seguimos para adiante, e ata agora. A verdade é que os tres compartimos a mesma paixón pola música. 

Cal é o seu estilo?

Unha vez, un locutor de radio definiunos como "killer instro surf", e sempre o dicimos en broma. O noso é o surf-instrumental e a raíz do estilo é a música surf dos anos 60, con influencia da revisión que se fixo nos anos 90. Hoxe en día non é un estilo maioritario, pero séguese a manter moi vivo. 

Onde se pode adquirir a súa obra?

Como decidimos mover a nosa música en vinilo, traballamos coa discográfica barcelonesa H-Records. Os nosos discos pódense atopar na súa páxina web ou ben en tendas especializadas. Neste temo presentamos dous traballos e o primeiro, 500 exemplares, xa están esgotados, foi unha sorpresa para nós. O segundo, de maior tirada, aínda está dispoñible.

Actúan mañá no Arteficial, pero fai pouco o fixeron no VdeValarés, teñen moitas actuacións?

A verdade é que tocamos bastante nestes tres anos, eu diría que xa tivemos 70 ou 80 concertos en diversos lugares de toda a península no que levamos xuntos. Actuamos en salas de Valencia, Barcelona ou Madrid, ademais de numerosos festivais, como o Surforama de Valencia, un dos máis importantes da música surf a nivel nacional e internacional, foi un orgullo para nós participar nel.

E por último, por que ir a ver a The Phantom Dragsters o sábado en Ribadavia?

Porque non deixamos indiferente a ninguén. É un concerto interesante para todos os públicos porque non é habitual, é un tipo de estilo por descubrir e para afondar nel.n nnttmentales é moito, pero ao final, un dase conta de que a guitarra tamén fala.

Te puede interesar