Alcumes de guerra

La calle del Progreso en 1936. Aun estaba en pie el Hotel Roma, último edificio a la izquierda. (Foto: )
Durante gran parte de su vida el profesor, escritor y estudioso de temas orensanos XoséManuel Fernández Oxea (Ben-Cho- Sey) se dedicó a recoger y recordar alcumes aplicados a orensanos mas o menos populares. En la identificación de los mismos, con frecuencia Ben-Cho-Sey alude a la actividad de los personajes durante la guerra civil. Parte de estos alcumes fueron publicados en los años ochenta por la Diputación en un delicioso librito que quedó incompleto.
Posteriormente el mismo Ben-Cho-Sey fue haciendo añadidos que en algunos casos fueron completados por la bibliotecaria Angeles Fernández. Esta reproducción está hecha respetando la redacción del recopilador sin evitar los comentarios personales propios de un hombre liberal, demócrata y bueno como era don Xosé.


O ALEMAN ? Eladio Moure Rey, era fillo de Ramón, conserxe do Club. Foi empregado no Banco Hispano-Americano e sancionado por socialista en 1936. Chamaronlle o Alemán porque fai moitos anos viñera ó Café Royalty unha orquesta de alemáns a os que acompañaba sin deixalos a sol nin a sombra.


O ARDILLITA ? Darío Estévez Pérez, carnicero na rua dos Fornos. Irman do Joaquín, un dos fundadores da Falange ourensana. Estivo na cárcel durante os últimos meses da República. Eran un grupo moi agresivo. Houbo unha redada e leváronnos á cárcel de forma preventiva.


O BERZAS - Nacera na Praza do Ferro e era sobriño do gran violinista don Antonio Fernández Bordas, director do Conservatorio de Madrid. Estudiou violín, ingresou no Exército e chegou a comandante. No 1936 era segredario do Goberno militar de Vigo e fixo moito ben evitando que mataran a moita xente. Era un gran ourensán.


BOLIÑAS ? Panadeiro da rua do Villar. Matárono os primeros días da guerra. Tiña 18 anos.


A BORRACHINA - Era unha muller que vivía na rua do Forno. Tiña varios fillos, un deles foi asesinado no 36, outro morreu na batalla do Ebro, chamábase Gumersindo Novoa. As fillas heredaron o alcume.


O CALLÁN - Era librepensador e tiña unha pequena tenda de ultramarinos ó comenzo da rúa Dos de Mayo. Educou ós fillos na escola laica. No 36 il xa morrera pero paseáronlle á filla e ó fillo máis novo.


O CANTAZO - D. Angel Martín Mouriño, foi mestre no colexio de don Angel Ferrín. Cando fixo o servicio militar ascendeu a sargento e ingresou na Academia de Infantería chegando a coronel. Contan que cando a guerra mandou tropas en Asturias como capitán e arengaba os soldados decindolles: '¡Hala muchachos, ca lo mejor ganamos¡'


O CANUTO - Justo Couto, fillo de don Secundino da Ponte. No ano 1936 foi con dous amigos á Olimpiada Popular de Barcelona e alí os pillou a sublevación dos 'patrias'. Chegou a ser teniente de carabineros. Ó final exiliouse en México, onde morreu.


O CHARRAMANGA ? Quizás fose o persoaxe mais famoso da picaresca ourensana na primeira mitade do XX. Era de boa familia de Verín, pero viviu sempre a salto de mata. Home de gran inxenio, fíxose famoso polos seus contos e pola sua gula insaciable. Iba á chegada dos coches de liña para cazar alguén o que lle prestalos seus servicios para sacala propina ou o xantar. Chamábase Domingo i era moi pouca cousa. As fillas fixeron moito dano no 36 ca lengua e con algo mais. Unha delas tuvo dous fillos, un deles cego.

O GOTIS ? Julio Gómez Martínez , foi voluntario cos Requetés ó frente de guerra e ali pasouse á zona republicana co Carranchas, e desapareceu. Contábase que era un dos primeiros que entraron nun tanque en París na Segunda Guerra Mundial co xeneral Leclerc. Era alto e alumno dos irmans Villar


O MATÓN ? Julio Diz,sacerdote e asesino, profesor no Colexio Cisneros, home de mal recordo, foi culpable de moitas mortes en Ourense. Solía decir antes das mortes: 'Como sacerdote te perdono, como falangista te condeno'. Era un bárbaro

MI CABALLO MURIÓ? Andaba sempre con unha fusta de montar a cabalo. Era teniente dos guardias de seguridade. Foi fusilado no 36 por socialista.


O MOCO VERDE - Ricardo Docampo, periodista. Fixo crónica de deportes na 'Zarpa', ingresou como auxiliar no Ministerio de Instrucción Pública e dirixiu unha revista do Magisterio. Destituido no 36, estuvo preso varias veces e sufriu malos tratos da policía , dos que dimanou a enfermedade que o levou ó cementerio.


A NONO ? Foi unha de tantas mulleres pobres que chegan a putas sin saber polo que. Era vexiguenta, desenvolta e dunha grande simpatía o que a fixo moi popular no barrio da Trinidade. No 36 paseárona injustamente. Unha víctima máis da inconsciencia e da vesanía dos que chegaron ó millon de mortos sin razon, sin motivo e sin necesidades. Tiña un amante abogado do Frente Popular, ocultouno e paseárona.


O PEPICHO ? José, dependiente da Farmacia do Fábrega. Fusilado por socialista.


O PITOLAS ? Isaac Forneiro Barandel, mestre i empregado no Banco Pastor . Estando de apoderado na sucursal de Cedeira casouse ali e no 36 paseouno o antiguo novio da sua muller, quen se volveu a casar co asesino do seu home. Tal para cual.


O PINILLA ? Jose García, xogador de futbol. Sobriño do cura ?periodista y diputado don Basilio Alvarez. Mestre nacional foi sancionado no 36. Defendeuse poniendo un bar en Vigo


O VENENO ? Garda civil asesino que no 36 matou moita xente. Chamabase Alfredo e suicidouse. Su saludo polas rúas era ' Heil hitler'. Dedicábase a ir detrás do capitán Anselmo (pai dos Morais, que era abogado) e a maltratalo de palabra hasta que un día presentouselle no Café un coronel de uniforme resultando ser o irmao do Capitan Anselmo, que lle dixo: '¿Es usted el Veneno ? - Mi coronel, soy el guardia Alfredo? O coronel repetiu a pregunta varias veces hasta que o Veneno viuse na obriga de contestar afirmativamente e entón o coronel díxolle:' Soy el hermano del capitán Anselmo, como me entere de que lo sigue molestando lo rajo con las espuelas'. Aprendeu a leccion de tal maneira que cando via ó capitán Anselmo cruzaba de calle por si as moscas.




(Alcumes recopilados por Ben-Cho-Sey, completados posteriormente, en los años noventa, por Angeles Fernandez bibliotecaria en la Biblioteca de la Diputacion).

Te puede interesar