VERANO

"Asfixia" recibe o Abrente

mg_1075_result
photo_camera Roberto Pascual, Avelina Pérez y Xosé Lois Vázquez "Che", durante la lectura del premio Abrente, que recayó en José Luis Baños de Cos.
O xurado da 14ª edición do certame de textos teatrais premiou ó seu autor, José Luis Baños
O  Premio Abrente de textos teatrais foi na súa 14ª edición para José Luis Baños de Cos pola súa obra "Asfixia", según a decisión unánime tomada polo xurado do certame, presidido polo director da Mostra, Roberto Pascual e composto por Avelina Pérez, Roberto Leal e Álex Sampayo. Éstes destacan que o texto galardonado "propón un interesante xogo teatral onde o aparentemente trivial e absurdo se vai transformando", á vez que atopan "unha gama rica de posibilidades de posta en escena aberta". Na gala celebrada onte pola noite no Castelo, a organización entregou o galardón a Baños de Cos, e á compañía Pistacatro o Premio de Honra da MIT. 

Te puede interesar