Ata as terras de Pereiro

Pazo de Lamela
ntes de chegar o Rodicio, pasamos polo Mao, sobre a estreita ponte do embalse do Leboreiro, construído a comezos do pasado século, e do que dixera o esquecido Conde Valvís que era, naquela altura, o terceiro de Europa. Así falou o Doutor X., cando detivemos o auto para deixar pasar a un bus. Un mar de nubes brancas desfacéndose nos agarda no alto, que ó pouco deixan ver dende a Limia alta esta penechaira interior. Eles falan de Niñodaguia e das terras cerámicas que se venden no Couso, coas que o case nonaxenario B. nos dixo que as traballou dende que tiña uns trinta anos, e fixo toda a súa obra facendo da necesidade virtude.
Eu vou matinando nas longas xornadas de caza nas terras que deixamos -para min pouco máis que unhas grandes madrugadas e paseatas de amizade, pois coa Beretta apenas apunto-, con Pío, e aínda máis co Carreira, gran cociñeiro cunha man marabillosa para os xabarís e as codornices?, ademais de ollo de cazador.

Esgos é no meu padal Milhojas, agora co espelido Martín ás máquinas do que comezaron os seus pais. A Luíntra, terra de B., o novo, afiadores de Ramuín dos que Florencio de Arboiro da Teixeira colecciona utensilios e historias na súa casa fronte do encoro das augas de Ourense, Cachamuíña. Nela puxo un explícito relevo de bronce e no baixo dela as tarazanas en múltiples formas, que compñarten espazo coas suas obras escultóricas. 'O Pereiro, porta de Nogueira!', así podería ser para o turismo: país de ambulantes, afiadores, paraugueiros, barquilleiros, nas terras da Ribeira do Sil. O Galileo do Morganti, bandeira da modernidade culinaria de Italia e tradicional á vez. Menudo o libro que cociñou sobre a Vaca, premiado e valorado alén do Padornelo! Un monumento, e tamén para a vista! De seguro que a pegada da súa dona galega ten algo que ver.

Pereiro, como Concello, e non pereira, que é árbore de froita de cu e auga, deste alegre tempo do verán cheo de sol, e de mazás. Aguiar é a terra daqueles cabaleiros donos dos segredos das artes de caza da cetrería, que paseaban sobre briosos corceis españois as súas plumas de faisán nos galanos chapeus? E a casa de Riomao, no lugar da antiga feira do Pinto. Onde a túa familia, apuntou B., o vello, mirando para B., o novo; quen cos ollos de bágoas xirou o rostro ó pasar pola Merteira e o seu non-carballo, ata onde, cántas veces!, camiñara dende a súa casa, pensando tamén no Elías. Atrás queda o cárcere nos montes de Calvelle, onde un día o gran Quessada, con Alexandro e Vidal de escudeiros, deu en facer un canto de liberdade pintando os tres os muros do patio. Nestes días vexo que agroma no eido familiar, dixo o Dr. Érguete e camiña!.

Te puede interesar