VERANO

Baile de palabras e emoción

Avelina Pérez gaña o Premio Abrente de Textos Teatrais con "O día no que bicar na terra" 

O xurado da 13ª edición do Premio Abrente de Textos Teatrais resolveu conceder o galardón á autora Avelina Pérez entre un total de 25 traballos presentados, na xuntanza mantida na mañá de onte na Casa do Concello de Ribadavia. 

A comisión seleccionadora estivo composta polas actrices Iria Azevedo e Melania Cruz; o dramaturgo Roi Vidal (premiado na edición anterior); o director do festival, Roberto Pascual, en calidade de secretario, e María López Touza, concelleira de Cultura, como presidenta. 

Finalmente, e tras as correspondentes deliberacións, decidiron, por maioría, otorgar o premio ó texto titulado “O día no que bicar a terra”, presentado baixo o lema de “Hildegart”, seudónimo utilizado por Avelina Pérez. 


SARCASMO E EMOCIÓN


O xurado xustificou o seu fallo ó defender "o valor dunha peza profundamente crítica, na que bailan as palabras e as emocións; unha peza de sensacións, una evocación constante de imaxes, dende unha postura sarcástica e envolvente, inclasificable". 

Na acta do premio recóllese que o texto gañador "trátase dunha disección, unha posoloxía do proceso creativo, unha obra retadora que nos sitúa na emoción fronte ao filtro do racional". 

O texto premiado recibirá unha dotación de 3.500 euros da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que permite a súa publicación na Colección Abrente da MIT ó traverso da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas".

Te puede interesar