OCIO INFANTIL

As bibliotecas ourensáns atraen aos rapaces con xogos e lectura

08.08.113.OURENSE.11:30.BIBLIOTECA.NODAL.CONTACONTOS.SARABELA.

Estos son os únicos plans de verán de fomento da lectura que admiten menores desde os catro anos, xa que o límite adoita estar nos seis anos

Ademais da Aula de Natureza e dos catro CEIPs, tamén as Bibliotecas Municipais abren as súas portas no verán para ofertar actividades de animación a lectura de forma completamente gratuita.

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, resalta que "as bibliotecas, a diferenza dos CEIPs, estarán abertas durante os meses de xullo e agosto en horario de 10,30 a 13,00 horas para adaptarse así ás distintas necesidades familiares, pero o máis importante é que só é nas bibliotecas onde se aceptan nenos e nenas a partir de 4 anos", afirma.

No resto dos programas a idade mínima é de 6 anos. Un total de 240 nenos e nenas foron inscritos durante a primeira quincena de xuño neste programa, que quere ofrecerlle aos máis cativos unhas vacacións cun toque de diversión, e de aí o título da programación: "Viaxe de volta e reviravolta coa cabeza chola", xa que persegue o obxectivo de elevar a imaxinación dos nenos e das nenas a través da lectura. Ademais, faranse moitas actividades e viaxes sen saír da cidade só co poder da imaxinación. 

Te puede interesar