Cal é a orixe da Festa da Istoria de Ribadavia?

Dúas personaxes durante o desfile medieval en 2019.
photo_camera Dúas personaxes durante o desfile medieval en 2019.

A Festa da Istoria recréase ano tras ano dende 1989 (salvo o 2020 que foi suspendida) cando a Escola Obradoiro de Santo André decidiu rescatar unha vella celebración que antecedía ás festas maiores da Virxe do Portal.

Aquela celebración, denominada Pantomima da Istoria segundo os eruditos locais Leopoldo Meruéndano e Samuel Eiján, representaba “un feito da historia do pobo hebreo” (Meruéndano) ou “un feito histórico elixido de antemán consistente polo xeral nunha batalla entre unhas ou outras tropas” (S. Eiján).

Recuperala foi un esforzo do pobo, e o pobo a sigue representando todos os anos, contando para elo con  centos de voluntarios agrupados dende a desaparición da Escola Taller de Santo André nunha organización veciñal dende o ano 1991, que pasou a denominarse Coordinadora da Festa da Istoria, legalmente constituída como Asociación no ano 1996, para constituír a Fundación Festa da Istoria no ano 1998.

Este esforzo anual, non se queda só representado no último sábado de agosto, senón que durante todo o ano diferentes actividades son levadas a cabo pola organización en cursos, concursos, obradoiros, presentacións, etc., posibilitando que durante todo o ano o evento cultural teña vida e esté presente entre nós.

Son varios os recoñecementos por este evento festivo: en 1997 é declarada de Interese Turístico Nacional polo Goberno Central e o premio do Canal da Historia no ano 2000. Membro fundador da Federación Española de Fiestas y Recreaciones Históricas, pertencendo na actualidade tamén á Federación Europea de Festas Históricas.

Un dos piares fundamentais desta festa é a grande labor do seu voluntariado. Máis de 500 persoas toman parte activa no evento, que abrangue dende a planificación e organización do mesmo, que levan a cabo os voluntarios membros  da Coordinadora da Festa da Istoria, ata a preparación e desevolvemento da enorme variedade de actividades que a conforman, tales como a pintura e colocación de bandeiras, a Voda Xudea e o seu coro, o grupo de percusión “Taboleiros da Istoria”, o Xadrez humano infantil, o grupo de baile “Donas sen cabaleiros” e o Desfile de presentación, entre outras moitas  máis.

Vestirse de época é unha maneira de empaparse do ambiente da festa e disfrutar todavía máis da mesma. Durante o día da festa, a Coordinadora da Festa da Istoria, habilita un posto de información na Praza Maior da vila, no que poderán alquilar traxes, tanto de adulto como infantís, aquelas persoas que o precisen.

Te puede interesar