Verano

Carballiño vivirá no Medievo coa celebración de A Liorta

Verano

CELEBRACIÓN

Carballiño vivirá no Medievo coa celebración de A Liorta

Ambiente da Feira Medieval A Liorta na edición do pasado ano (XESÚS FARIÑAS).
photo_cameraAmbiente da Feira Medieval A Liorta na edición do pasado ano (XESÚS FARIÑAS).

A feira ofrecerá teatro, combates, diversas exhibicións e música, entre outros espectáculos

LA cuarta edición da Feira Medieval A Liorta, que se desenvolverá mañá venres, o sábado e o domingo, no Carballiño, incluirá algunhas novidades con respecto ás pasadas edicións. Así, o sábado 20 de xullo, a partir das 21,15 horas, no anfiteatro da Veracruz, o grupo de teatro Dar Trela levará a cabo a escenificación histórica da primeira voda celebrada na feira do Carballiño. Pero non será a única novidade de A Liorta 2019, senón que ao longo dos tres días haberá multitude de espectáculos de rúa, na Praza Maior e na Praza da Veracruz, como combates, voo de aves rapaces, lume e aéreos sobre estruturas elevadas, ademais de pasarrúas de músicos, títeres e zancudos, xunto con diversas actuacións sorpresa, segundo apuntan desde a organización, a cargo da Concellería de Cultura.

A feira comezará mañá, a partir das 18,00 horas, coa apertura ao público dos postos de venda, talleres artesanais, o rincón infantil, demostración de oficios antigos e exposición de aves rapaces. Entre as moitas actividades programadas para esta primeira xornada figuran as exhibicións de tiro con arcos e de voo de Rapiñas do Sanés, ás 20,30 horas, na Praza da Veracruz; e un espectáculo de lume na Praza Maior, ás 23,00 horas. Ademais dos pasarrúas  de varios grupos musicais tamén haberá títeres na Praza Emilia Pardo Bazán, ás 19,30 horas.

No sábado, a representación de Dar Trela, xunto con dous combates medievais a cargo de Especialistas Hípica Celta. Serán ás 13,30 e as 20,30 horas; e tamén en pleno mercado medieval haberá un espectáculo de lume polas rúas, a partir das 23,00 horas, entre outras actividades. A Liorta rematará cun intenso domingo no que a música, o baile e o desfile dos máis incribles personaxes sorprenderán aos asistentes, que aínda terán unha nova oportunidade de ver o voo das aves, os combates ou os espectáculos de lume e acrobacia.